3 /5
Rating
★
★
★
Sen querer entrar a valorar o produto fresco e de proximidade, que claramente é moi bo, si me gustaría valorar o tempo que tes para comer. Cando reservei a mesa e me dixeron que tiña que chegar ás horas, entendín (será a miña culpa, non o dubido) que escalonan as mesas para que as comandas vaian saíndo áxiles. Por suposto, non entendín que ás tiñamos que estar fora. Penso que cada un ten dereito a facer as quendas que considere no seu negocio, pero é algo que ten que quedar claro ás persoas que fan a reserva. Debido a varias dificultades que tivemos no desplazamento a Aldán, chegamos minutos tarde (o que xa se nos recriminou cando nos sentamos,) polo que tivemos que comer a toda velocidade,...